Asus EeeEn Trebellos falamos fai tempo desta boa aposta ultraportátil, con pantalla de 7″, conectividade WiFi, un peso de 890 gramos e con 3 horas de baterí­a. Hoxe en Xataka lemos que vai saí­r un pouco máis caro, comentamos os prezos:

  • 2Gb de disco duro,256Mb de RAM e en cor negro, por 259 dólares.
  • 2Gb de disco duro,256Mb de RAM,e en cor branco,con webcam integrada e bolsa de transporte por 299 dólares.
  • 4Gb de disco duro,512Mb de RAM, por 399 dólares.

Pese a subida de prezos, este Asus segue a ser unha boa alternativa para ter un ordenador a man, con completí­sima movilidade. En Trebellos: Asus Eee PC, o ultraportable e ultraeconómico