Nokia E51A finesa Nokia ven de presentar hoxe o novo Nokia E51, que por tanto está destinado a esas persoas que precisan ler o correo electrónico e estar conectados alá onde queira que estean, como todos os da serie E de Nokia. Destaca por ter WiFi e HSDPA (o da WiFi xa está en case tódolos os da serie E, e é algo de agradecer), nun terminal a primeiras fino e estilizado, borrando ese estereotipo de que os terminais pra negocios e demais non son agradábeis á vista. No apartado de correo electrónico, tentando arrebatar algo de espazo ás Blackberry, Nokia ven de incluir unha pequena luz que se ilumina coa chegada de novos correos electrónicos. As diferenzas do novo E51 é o seu deseño, que é semellante ao do Nokia E65, pois emprega materiais como o acero inoxidábel, e incorpora un pad e teclas de acceso directo ao igual que o terminal dito, perdendo o joystick que existí­a no E50 e que cada vez usa menos Nokia. Destacar como caracterí­sticas, ademais das ditas, Bluetooth 2.0, porto miniUSB pra conectalo directamente ao ordenador, infravermellos, pantalla de 2″ con 240×320 pí­xels e 16 millóns de colores, memoria interna de 130Mb ampliábel mediante microSD, radio FM, cámara de 2 megapí­xeis con zoom dixital 4x e reproductor de audio e ví­deo. A autonomí­a da baterí­a é de 4,4 horas en conversa e 13 dí­as en espera. Pesa 100 gramos e sairá ao mercado a final de ano a 350 euros libre, un bo prezo, e en dúas cores, negro e marrón. Máis información: Nota de prensa de Nokia