Palm Treo 500v

Palm ven de presentar o novo modelo Treo 500v, que destaca por levar Windows Mobile como Sistema Operativo, un cambio bastante brusco na marca, que desenrolaba seu SO Palm OS.

O terminal en sí­ ten conectividade 3G, a pantalla non é tactil e conta con aplicacións incluí­das como Internet Explorer, visores de documentos de Office ou Windows Media Player, e ademáis, como sae con Vodafone o trebello, trae integrado Vodafone Live! e un sistema de correo push, como o das Blackberry.

Ten tamén unha cámara de fotos con resolución de 2 megapí­xeis e unha memoria interna de 150Mb, ampliábeis mediante tarxetas de memoria microSD.

O terminal sairá a partir de Outubro con Vodafone, en branco e gris escuro. Fontes da compañí­a aclararon que será un terminal orientado ao público non empresarial, polo que agardamos que o prezo tamén sexa así­.

Actualización: Wicho comenta que non é a primeira PDA de Palm con Windows Mobile, anteriormente xa saiu a Palm Treo 750v. Graciñas!