NoPoPoA empresa xaponesa Aqua Power System Japan ven de lanzar ao mercado unhas pilas ecolóxicas, de feito o nome das pilas é NoPoPo que ven a ser No Pollution Power, é dicir, Enerxí­a Sen Contaminación.

Pero… como funcionan estas pilas? Son pilas recargables que se recagan con lí­quidos. Sí­, con calquera tipo de lí­quidos… auga, cervexa, café, coca-cola, licor café, augardente ou mesmo mexo.

De momento as pilas traen unha pipeta especial por onde debemos meter o lí­quido unha vez a pila estea esgotada.

No interior das pilas hai unha mistura de carbón e magensio que reacciona ante calquera lí­quido que lle botes xerando enerxí­a electrica. O bo que teñen é que non teñen ningún compoñente contaminante coma o mercurio, chumbo ou cadmio polo que non contaminan en absoluto. Ademáis estas pilas aguantan 10 anos recargándose xa que non se deterioran tanto como as normais, pero o malo é que teñen un número finito de veces que se poden recargar polo que os 10 anos poden baixar.

Ademáis de ser ecolóxicas, o bo que teñen é que prácticamente se poden recargar en calquera lugar. Cando imos de viaxe non sempre temos enchufes para cargar os nosos trebellos ou as pilas recargables pero con estas pilas si que poderemos recargalas xa que lí­quidos podemos atopar en (case) calquera lugar.

As pilas NoPoPo foron presentadas este ano na IFA de Berlí­n onde algúns poideron probalas e comprobar que de verdade funcionan. Só se venden en Xapón a un prezo de 5 euros (780 iens) pero agardase que chegen a occidente no 2008.

Visto en Westopia.
Máis información: Aqua Power System Japan (en xaponés).