Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Sony α700, aposta interesante de Sony polas DSLR

Sony a700

Sony ven de presentar unha nova cámara DSLR, a α700, unha cámara bastante interesante para quen queira profundizar nas réflex. A cámara da que falamos ten un sensor CMOS Exmorâ„¢ de 12.24 megapí­xeis, un corpo de magnesio e aleación de aluminio refozado, unha pantalla LCD de 3″”, AF de 11 puntos, posibilidade de tirar fotos a 5FPs, e posibilidade de almacear fotos tanto en Compact Flash como en Memory Stick. Ademais, como soe ser normal en Sony, ten unha saí­da HDMI de Alta Definición, pra poder ver as fotos nun ordenador ou televisor compatí­bel.Outra das cousas polas que destaca este trebello é por ter un sensor Exmorâ„¢, que grazas ao motor de procesamento BIONZ de gran velocidade permite reducir o ruido nas fotos sen procesar antes da codificación. Esta cámara se venderá a partir de Outubro a aproximadamente 1200 dólares (só o corpo), en sonystyle.com e en distribuidores autorizados.


Publicidade

Comentarios