Onte confirmaronse os rumores de novas PDA de HP que xa comentamos en Trebellos.org. Os seus nomes, oficialmente, son HP iPaq 910 e iPaq 610.

Os dous modelos teñen o sistema operativo Windows Mobile 6 e están ben comunicados xa que veñen con HSDPA, Wi-Fi, Bluetooth e A-GPS. Ademáis contan cunha cámara de 3 megapí­xeles.

iPag 610

A HP iPaq 610 funciona como móbil cuatribanda e ten unha pantalla de 2’8 polgadas. Ademáis ten unha roda de control integrada no tecrado que se o seu uso resulta ser bo e fácil pode que a partir de agora todos os móbiles veñan con ese formato aproveitando máis o espazo.

HP iPaq 910

A HP iPaq 910 ten un tecrado QWERTY máis completo que a anterior PDA pero en troques ten unha pantalla máis pequena, de 2’4 polgadas. Ademáis tamén ten saí­da de auriculares (2’5 mm.)

Ambas as dúas PDAs son moi similares tendo prezos que rondan os 600 dólares.

Visto en Xataka móvil.
Máis información: HP.