Segundo últimas informacións, algunhas tendas distribuidoras de produtos Apple no noso país xa levan algún tempo sen recibir novas unidades de diversos productos da marca Apple, como son os iPod. En tendas como HiperPlanet (Lugo) os estantes dedicados a este reproductor están case baleiros, e segundo confirmou un dos vendedores, sen existencias.
Pero o que pasa en Lugo tamén pasa,
segundo outras webs, nalgunhas tendas de toda a xeografía. Será isto unha confirmación de que Apple presentará novos reprodutores mañá?
Algunhas webs seguen especulando sobre isto. Mesmo apuntan á aparición de novas familias iPod e á desaparicíón do modelo máis básico, o Shuffle.
Será todo isto certo? A resposta… mañá!
2 Comentarios
Marcus
4 de September de 2007 ás 20:25
1Héctor, nos pasados dÃas lera comentarios dende o Corte Inglés de Madrid ou da tenda Apple na FNAC de Barcelona, pero ¡no HiperPlanet de Lugo! ¡Acabas de deixarme flipadiño!
Iso si, é normal que sempre que hai lanzamentos de novos produtos de Apple deixen de abastecer os modelos vellos un par de semanas antes para non ter que comelos logo con patacas: mellor estar unha semana sen existencia que ter que mandar os produtos en stock á tenda de ofertas de Apple.
Héctor Anllo
4 de September de 2007 ás 22:54
2Pois si, Marcus. Onte puiden comprobalo na mesma tenda porque preguntei polos shuffle, xa que teño moitas ganas dun e un dos rapaces dÃxome que non tiñan e que agardara ata xoves polo menos. A ver se agora teño que mercar un iPod Micro ou algo parecido…
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios