HP iPaq 614c e 914c

Segundo algunhas webs, HP xa ten preparados dous novos modelos de iPaq, o seu modelo de PDA-teléfono máis exitoso. Trátase das HP iPaq 914c e HP iPaq 614c, das que só se saben algunhas das súas supostas caracterí­sticas. Os dous modelos comparten a maiorí­a de caracterí­sticas: pantallas táctiles de 2,46 e 2,8 polgadas respectivamente, conectividade WiFi e HSDPA, GPS integrado, cámara de 3 megapí­xeles e o sistema operativo Windows Mobile 6 Professional. A única diferenza é o teclado, a 914c ten teclado QWERTY de 12 teclas máis unha roda de control similar á do iPod. Non están aí­nda dispoñibles nin os prezos nin as datas de saí­da ó mercado. Ví­a: MSmobiles.com