The beat goes on

Xa estranaba que a dous dí­as do evento houbese tan poucos rumores. Hoxe comentan, en base ao dito por manufactureiros de Taiwan, algunha das caracterí­sticas dos novos iPod que se presentarí­an o Mércores. Vexamos:

  • Novos iPod Video, con interfaz semellante á do iPhone, uso de memorias NAND en vez do tradicional disco duro e conectividade Wi-Fi.
  • Novos iPod Nano, con subida de capacidade e unha interfaz tamén semellante á do iPhone. Os prezos serí­an os mesmos.
  • Novos iPod Shuffle, ou máis ben unha subida de capacidade, polo mesmo prezo.

Máis información: Digitimes En Trebellos: Evento Apple o 5 de setembro En Trebellos: Foto dos posí­beis novos iPod nano