01 Sep
Escrito por Héctor Anllo na categoría Novas, Periféricos
HP presenta a C8180, unha impresora multifunción que chama a atención pola súa gravadora de CD e DVD, que incorpora a tecnoloxía LightScribe e que nos serve para
gravar e etiquetar, por exemplo, un DVD coas fotos destas vacacións que temos almacenadas en tarxetas de memoria e que pode ler grazas ao lector de tarxetas integrado. A través da súa pantalla táctil de 3,5 polgadas, podemos acceder
aos menús de configuración
e de visualización de imaxes. Se por casualidade temos as fotos no noso móbil, tamén llas podemos transferir por Bluetooth ou por WiFi, xa que o trebello tamén é compatible con estas dúas tecnoloxías. A conectividade inarámica tamén pode servir para conectar a multifunción ó ordenador, aínda que tamén se pode facer mediante cable USB. Esta impresora sairá á venda durante este mes a un prezo aproximado de 399
dólares. Vía: Imaging-Resource
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario