TomTom GO 920

A recoñecida marca de GPS TomTom ven de presentar un novo navegador, o GO 920, que destaca por innovacións como un mando a distancia, mais deixade que comentemos pouco a poco o que pode convertirse nunha referencia pra o futuro deste tipo de trebellos. O TomTom GO 920 trae unha memoria interna de 4GB, onde veñen preinstalados mapas completos de Europa, USA e Canadá. Ademais, trae incorporada a Tecnoloxí­a Avanzada de Posicionamiento mediante a cal, cando unha sinal GPS non esté dispoñí­bel se calcule a posición mediante sensores de movimiento e gravidade, todo un avance. Como comentaba, o TomTom GO 920 trae un mando a distancia Bluetooth pra que o conductor ou outro pasaxeiro poida manexar o dispositivo con total seguridade sen ter que tocar a pantalla. Tamén ven con outras caracterí­sticas xa incluí­das en anteriores modelos, como o transmisor FM integrado pra escoitar música e instruccións de navegación polos altofalantes do coche. Este modelo de GPS sairá ao mercado no Outono do 2007. Máis información: TomTom