Sanyo ven de presentar este modelo de Xacti, que destaca por ser a cámara máis pequena do mundo que pode grabar en 1080p, unha gran aposta.

Como dicí­a, graba en 1080p, con resolución de 1920×1080 grazas ao códec HD/MPEG 4 AVC. Ademáis, saca fotos de 8 megapí­xeis e con zoom óptico de 10x, unha pantalla LCD de 2.7 pulgadas, saí­da HDMI e a posibilidade de grabar directamente en tarxetas SD ou SDHC.

Sairá en Xapón este Setembro por perto de 1000 dólares. Como é de supor, en Europa sairá nuns meses, a un prezo algo inferior. Seguiremos informando do que pode ser un dos trebellos do ano.

Máis información: Sanyo