28 Aug
Escrito por Juan Milleiro na categoría Sen fíos, Son, Vídeo
Toshiba ven de presentar o Toshiba Gigabeat T401, un Centro Multimedia Portable pero que ademáis ten conexión sen fíos, pra poder así compartir arquivos. Ten bastante boa pinta de cara ao mercado multimedia, mais teremos que agardar pra ver cómo funciona exactamente súa capacidade sen fíos, e se non está limitada dalgún xeito.
O reproductor ten unha pantalla de 2.4 pulgadas e resolución de 320×240 píxeles, con soporte pra reproducir vídeo WMV, MP3 e outros ficheiros como WMA nos seus 4GB de memoria flash e unha batería que segundo a marca dura 16 horas
de reproducción de audio ou 5 de vídeo.
Este pequeno reproductor, de só 9.9 milímetros de delgadez sairá no país nipón en Outubro a un prezo de saída de 250 dólares aproximadamente, e de chegar a Europa o faría sobre o Nadal ou a comezos do vindeiro ano.
Máis información: Toshiba
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario