Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Wifi na rúa, cada vez máis perto

Wifi Solar

O principal problema que ata o dagora tiñan moitas empresas ou organismos públicos á hora de implantar tecnoloxí­a sen fí­os é o de dispór enerxí­a eléctrica pra así­ conectar o punto WiFi. Mais, a empresa Solis Energy (de Orlando, nos Estados Unidos), vende xa no mercado algo

que poderí­a funcionar nestos casos.

O que patentaron e venden é un panel solar con baterí­as que alimentan aos equipos coa axuda da luz solar. Ademáis, se o dí­a é nubrado ou é de noite, ten unhas baterí­as incorporadas pra que non haxa interrupcións. Polo tanto, aí­nda que haxa un apagón ou se caian as comunicacións tradicionais, terí­amos Wi-Fi pra poder contactar.

Ví­a: Xataka >> Cnet

Máis información:Solis Energy


Publicidade

Comentarios