20 Aug
Escrito por Juan Milleiro na categoría Fotografía, Novas, Periféricos
En Trebellos nos fixemos eco a comezos de Agosto dos rumores dunha Canon EOS 40D a finais do mes, como finalmente sucedeu. Esta cámara ten un sensor CMOS de
10.1 Megapíxeis, saca fotografías tanto en JPEG como RAW, 9 puntos de enfoque, un rango ISO de 100 a 1600, velocidades de disparo de 1/8000 a 30 segundos e
rangos de cor sRGB ou Adobe RGB. Mide 145.5×107.8×73.5 milímetros e pesa 740 gramos, bastante lixeira e manexábel pra as cualidades que ten. Máis información: Canon En Trebellos: Canon EOS 40D, a finais de Agosto
Un Comentario
Manoliño Captura
20 de August de 2007 ás 19:42
1Estas cousas pásanme por acelerado… quen me mandará falar antes de tempo. :$
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario