Canon ven de presentar varias cámaras hoxe, que iremos comentando pouco a pouco en Trebellos ao longo de esta semana, comezando pola que cicais montase máis rebumbio pola cantidade de rumores, a nova Canon EOS-1Ds Mark III. Esta cámara inclúe un sensor CMOS de 21,1 megapíxeis (liches ben, 21 megapíxeis), unha pantalla de 3″ LCD, un sistema integrado pra limpiar a suxedade no sensor, 45 puntos de enfoque e unha velocidade de 5 capturas por segundo pra sacar fotos en formato JPEG e sRAW e poder almacealas en tarxetas SD, SDHC ou CompactFlash. Máis información: Canon
2 Comentarios
Manoliño Captura
20 de August de 2007 ás 17:07
1E non vos esquenzades da EOS 40D da que tamén fala Juan Antonio Guerrero (http://www.lacoctelera.com/juananguerrero/post/2007/08/20/canon-eos-1ds-markiii-eos-40d-y-algunas-cosas-mas) e que ten moi boa pinta prós que non somos profesionales de todo.
Andrés Milleiro
20 de August de 2007 ás 17:18
2Manoliño Captura, claro que non nos esquecemos da 40D. De feito, estamos a redactar sobre a súa presentación, lembra que falamos dos rumores da súa existencia o 3 de Agosto. Agarda unhas horas e poderás ler sobre ela en Trebellos.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios