Canon EOS-1Ds Mark III

Canon ven de presentar varias cámaras hoxe, que iremos comentando pouco a pouco en Trebellos ao longo de esta semana, comezando pola que cicais montase máis rebumbio pola cantidade de rumores, a nova Canon EOS-1Ds Mark III. Esta cámara inclúe un sensor CMOS de 21,1 megapí­xeis (liches ben, 21 megapí­xeis), unha pantalla de 3″ LCD, un sistema integrado pra limpiar a suxedade no sensor, 45 puntos de enfoque e unha velocidade de 5 capturas por segundo pra sacar fotos en formato JPEG e sRAW e poder almacealas en tarxetas SD, SDHC ou CompactFlash. Máis información: Canon