Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Canon EOS-1Ds Mark III

Canon EOS-1Ds Mark III

Canon ven de presentar varias cámaras hoxe, que iremos comentando pouco a pouco en Trebellos ao longo de esta semana, comezando pola que cicais montase máis rebumbio pola cantidade de rumores, a nova Canon EOS-1Ds Mark III. Esta cámara inclúe un sensor CMOS de 21,1 megapí­xeis (liches ben, 21 megapí­xeis), unha pantalla de 3″ LCD, un sistema integrado pra limpiar a suxedade no sensor, 45 puntos de enfoque e unha velocidade de 5 capturas por segundo pra sacar fotos en formato JPEG e sRAW e poder almacealas en tarxetas SD, SDHC ou CompactFlash. Máis información: Canon


  1. Manoliño Captura o 20 de August de 2007

    E non vos esquenzades da EOS 40D da que tamén fala Juan Antonio Guerrero (http://www.lacoctelera.com/juananguerrero/post/2007/08/20/canon-eos-1ds-markiii-eos-40d-y-algunas-cosas-mas) e que ten moi boa pinta prós que non somos profesionales de todo.

  2. Andrés Milleiro o 20 de August de 2007

    Manoliño Captura, claro que non nos esquecemos da 40D. De feito, estamos a redactar sobre a súa presentación, lembra que falamos dos rumores da súa existencia o 3 de Agosto. Agarda unhas horas e poderás ler sobre ela en Trebellos.

Publicidade

Comentarios