Transcend JetFlash 220

Estos pendrives USB 2.0 que vedes na foro son do fabricante Transcend e incorporan un plus de seguridade, pois ao conectalo ao PC deberemos tocar no sensor dixital pra que nos recoñeza e teñamos acceso á información.

Inclúe ademais varias ferramentas con aplicacións interesantes pra usar co pendrive, como por exemplo a posibilidade de acceder aos nosos favoritos aí­nda estando noutra computadora, pois garda as preferencias na memoria, ou ingresar automáticamente nunha web sen necesidade de identificarnos, pois gardamos os datos no pendrive.

No punto negativo, pois algo malo tiña que ter un producto tan apetecí­bel, dicir que só son compatí­beis con Windows 2000/XP/Vista e que a capacidade de gardar detalles da navegación só funciona con Internet Explorer.

Están xa á venda en tres cores/capacidades:

  • Laranxa de 2Gb por 55 dólares.
  • Azul de 4Gb por 68 dólares.
  • Vermello de 8Gb por 139 dólares.

Máis información: Transcend