decTOP

Xa falamos en trebellos do Asus eee e mais do OLPC como alternativas para usuarios con poucos recursos, e hoxe traemos unha nova opción. O decTOP foi desenrolado por AMD fai uns anosdentro do programa 50×15 pra levar a tecnoloxí­a ós que mais o necesitan, e agora é comercializado pola empresa de New Orleans Data Evolution ó increible prezo de 99$ con rato e teclado incluidos.

Non é un superordenador (a súa tecnoloxí­a e do 2004) pero pode cumplir ben con moitas funcions co seu procesador de 366 Mhz, 10 Gb de disco duro e 128 Mb de RAM. Podese usar para navegar por internet, como un servidor nunha pequena rede, ou mesmo como centro de ocio multimedia. O decTop ven sen sistema operativo, ainda que se lle pode instalar linux ou mesmo Windows CE para o seu uso. O decTOP tamén é unha alternativa para aqueles que buscades un ordenador sen monitor, controlable remotamente e que poida estar aceso as 24 h do dí­a sen consumir moita enerxí­a. As súas caracterí­sticas son ampliables para quen o necesite.

De seguro unha boa compra, dispoñible na web de Data Evolution.

Mais información : Páxina do produto : Tenda de Data Evolution: Galerí­a de fotos