15 Aug
Escrito por Juan Milleiro na categoría En galego, Novas, Sen fíos
Fai un tempo falabamos de que a Xunta probaba Internet sen fíos na praia de Samil, se ben agora tamén están a probar en Aguete namentras dure o periodo estival.
Ao intentar a conexión dende calquera dispositivo con conectividade WiFi, aparecerá unha pantalla de presentación na que haberá que introducir o nome de usuario retegal, e a contrasinal marin39.
Independentemente da xenial noticia que ao menos a min me parece, destacaría o xeito algo complicado pra conectarse (¿quen vai saber o usuario e o contrasinal?) e que cicais xa sexa algo tarde, pois xa non queda moito de verán, mais agardemos que continúen o vindeiro ano.
Máis información: Web da Xunta
En Trebellos: A Xunta proba Internet sen fíos en dúas praias de Vigo
4 Comentarios
aLBa
15 de August de 2007 ás 15:38
1o contrasinal non se publicou na prensa? ¿e non vai estar todo o ano o wifi na praia? vaia… esperaba outra cousa
Andrés Milleiro
15 de August de 2007 ás 15:44
2Hola Alba,
Nun xornal vin hoxe o usuario e o contrasinal, pero non me referÃa a iso, senón por exemplo a un turista que chega e non sabe cómo facer.
O do wifi eu dirÃa que non, mais non se liu nada ao respecto, agardemos que esté todo o ano.
emilio
17 de August de 2007 ás 1:28
3eu estou agora conectado aqui en aguete e queria dicir que e moi doado xa que cando te conectas na rede inalambrica (RETEGAL MARIN) non ten contrasinal e e moi doado, so que cando queres navegar antes apareceche unha paxina de benvida no que hai que insertar o usuario “retegal” e a contrasinal “marin39” e aparece claramente na paxina de benvida e é moi doado, o unico no que a xente se pode complicar e se ten o internet explorer 7 xa que mostrara que existe un problema co certificado de seguridade e con darlle a “ir a este sitio web” que ainda que pon non recomendado non hai problema algun, saudos e parabens por esta iniciativa
Andrés Milleiro
17 de August de 2007 ás 9:32
4Graciñas Emilio por comentar a túa experiencia dende Aguete que de seguro servirá pra os que queiran conectarse.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios
Trebellos funciona con WordPress - BloggingPro tema orixinal deseñado por: DesignDisease e adaptado por Andrés Milleiro