
Teño que recoñecer que son un apaixoado dos ordenadores portátis pequenos como este, pois sempre ofrecen unha autonomía fantástica aló onde estemos. HP Compaq veñen de presentar o Presario B1200, de 12.1 pulgadas e unha autonomía de 8 horas, algo realmente fantástico se finalmente é así. O PC ven cos novos procesadores Centrino Duo pra portátis, con configuracións de ata 2GB de RAM, unha gráfica Intel GMA X3100 e con Windows Vista Business preinstalado. Destacar tamén o disco duro de 160Gb, Bluetooth, un prezo de prácticamente 2.000 dólares e non, non había fotos sen a moza. Vía: Xataka Máis información: Páxina oficial