Se tes un móbil Nokia ten coidado e revisa a súa baterí­a. Verás que na capa principal ten 4 caracteres, se estes caracteres son BL-5C podes ter problemas.

BL-5C

Segundo unha nota de prensa de Nokia estas baterí­as en raras ocasións poden chegar a explotar ao quentarse demasiado mentres se cargan.

Este problema só afecta ás baterí­as BL-5C fabricadas por Matsushita entre decembro do 2005 e novembro do 2006 polo que aí­nda que teñas unha baterí­a BL-5C pode que non teñas problemas. Para comprobalo vai á páxina especial que Nokia sacou polo asunto e introduce no campo de texto os 26 caracteres que hai na capa de atrás da túa baterí­a.

BL-5C

Unha vez introducido ese código a páxina nos dirá se a nosa baterí­a e defectuosa. En caso de se-lo teremos que encher un formulario cos nosos datos para que nos envien unha baterí­a nova de balde.

Segundo Nokia a baterí­a só pode explotar mentres se carga e en moi raras ocasións, aí­nda así­ xa houbo rexistradas 100 explosións e hai 46 millóns de baterí­as que poden explotar.

Polo menos Nokia cambia a baterí­a defectuosa sen cargo algún e da un sobre para enviar de volta a baterí­a defectuosa e así­ recicla-la correctamente.

Eu mesmo teño a baterí­a do meu móbil (un Nokia N70) defectuosa e agardo que me envien pronto a baterí­a nova, ata entón terei coidado á hora de cargala.

Máis información: Nota de prensa | Battery replacement.