13 Aug
Escrito por Juan Milleiro na categoría Son
Dun tempo a esta parte, por todos é sabido o aumento das vendas dos aparatos pra escoitar con son envolvente na nosa casa. Nalgunhas ocasións, por falla de espazo temos que recurrir a solucións duns so altofalante que, aínda que sexan algo máis caras proporcionan tamén un son fantástico nun espazo máis reducido. E de aí ven a solución que nos propón Polk Audio, cun só altavoz pero que proporciona un son completamente envolvente grazas á tecnoloxía SDA® que teñen patentada sobre cómo o son nos pode envolver, creando unha experiencia única no noso salón. O seu prezo, cicais algo elevado comparado ás solucións tradicionais, é de ao redor de 1000 dólares, dependendo do lugar de venda. Máis información: Páxina oficial do producto Vía: OhGizmo!
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario