O portal de novas tecnoloxí­as CNET ven de publicar unha listaxe cos 10 trebellos que deberias ter.

    iPhone

      1. iPhone
      Como non podí­a ser doutro xeito, no primeiro lugar está o trebello que revolucionou o mundo dos trebellos. O iPhone coa súa pantalla multi-táctil e o gran investimento en marketing por parte de Apple conseguiu chegar ao number one desta lista. Para moitos o trebello do ano para outros non tanto, sen dúbida merécese estar nesta lista, polo menos polo rebumbio que fai. Alí­ onde esteas sempre se fala do iPhone.

    Wii

      2. Wii
      A Wii de Nintendo está a gañar a guerra da next gen de consolas. Recentemente chegou aos 10 millóns de dispositivos vendidos, está a poucos millóns xa da XBox360 (que saiu un ano antes) e a moitisimos millóns da PlayStation 3 (que parece a gran perdedora). Este si que foi un trebello revolucionario. A súa forma de xogar, movendo o mando, asegúranos moita diversión.

    iPod

      3. iPod Nano

      O iPod non podí­a faltar nesta lista. Se cadra o iPod é o trebello por antonomasia, quen non coñece o que é un iPod? Seguro que a xente que non sabe nada de ordenadores, de mp3 nin de nada de novas tecnoloxí­as algunha vez oiu falar do iPod. Desta vez o iPod Nano chegou ao terceiro posto e Apple consigue meter 2 trebellos seus nos 3 primeiros lugares, se cadra porque son bos ou se cadra porque teñen o mellor marketing.

Estos son os 3 primeiros da lista pero hai máis.

No 4º lugar está o SanDisk Sansa Connect, outro mp3 con moitas funcións: Wi-Fi, radio web stream, 4GB internos e ranura para unha tarxeta microSD, etc. No 5º están os MacBook, os ordenadores portátiles de Apple desexados por moitas persoas grazas ao seu deseño e á súa calidade. No posto número 6 está o Sling Media Slingbox A/V, un trebello que permite conectar a túa TV ao ordenador ou a calquera dispositivo móbil (con Windows Mobile) para así­ poder ver a TV dende o teu ordenador (por exemplo). No 7º lugar do ranking está a Nintendo DS Lite, a consola portátil que xa gañou a guerra desta xeración de consolas portátiles, a súa calidade, os seus xogos, as dúas pantallas e o modo de xogo (pantalla táctil) fan desta consola a mellor consola portátil. No 8º lugar está a Samsung LN-T4665F, unha TV LCD de 46 polgadas e 1080p HDTV, a mellor calidade nunha televisión LCD. No 9º posto está a Sony Handycam HDR-HC7, unha cámara de video (non profesional) de moita calidade que fai imposible gravar cousas malas. No derradeiro posto da lista están os V-Moda Bass Freq headphones, uns cascos de música para escoitar a un bo prezo e a unha mellor calidade a música do noso mp3.

Como vedes é moi discutible esta lista, pero por iso non deixa de ser unha lista con moi bos trebellos.

Se tes moitos dos trebellos que hai nesta lista és moi geek.

Visto en Código Cero.
Máis información: CNET – Top 10 must-haves.