Refrixerador pra a Nintendo WiiSe es un posuidor da Nintendo Wii, terás que ter coidado, como con calqueira outro trebello nestes dí­as a raí­z da excesiva calor e de que unha excesiva temperatura pode facer que non funcione de todo ben.

Porén, acaba se sair á venda un pequeno ventilador pra a consola de Nintendo no paí­s nipón pra, precisamente, protexer á consola de que se quente demasiado.

Funciona de tal xeito que, aproveitando un dos portos USB (tranquilo, colle un pero ofrece dous, así­ que saes gañando) se alimenta e así­ refrixera a consola dun xeito bastante silencioso (-25 dBA).

Sentí­molo mais, polo dagora só está á venda en Xapón, así­ que só nos queda agardar que chegue por estes lares cedo.

Ví­a: Akihabara News