08 Aug
Escrito por Juan Milleiro na categoría Guías pra mercar, Vídeo
Neste novo capítulo da guía pra mercar televisor, imos falar das diferencias entre FullHD e HD Ready e das principais vantaxes (e problemas) do novo sistema de alta definición
Logo da popularización dos plasmas FullHD podemos escomenzar a falar dun empate tecnoloxico entre LCD e plasma en canto a resolución. í‰ bo momento para aclarar que se agacha tras esa morea de siglas: FullHD, HD ready
O logotipo HDReady distingue ós televisores que cumplen os estandares da EICTA e que teñen unha entrada analóxica, unha dixital (DVI ou HDMI) e que teñen a lo menos 720p de resolución, é dicir 720 liñas como mínimo ou 1080i (1080 liñas entrelazadas).
A tecnoloxía FullHD refirese a televisores que soporten resolucions mínimas de 1920 X 1080, é dicir 1080p. Son 1080 liñas de escaneado progresivo, ou abreviando 1080p.
E importante suliñar que ambas tecnoloxías son capacidades máximas do televisor, o que non quere dicir que vexamos a imaxe a esa resolución. Como xa indicamos noutros artigos, a calidade da imaxe ven condicionada pola calidade da fonte e dos conectores que usemos. Como a televisión (analóxica ou dixital) non consegue esa definición, para sacarlle o máximo partido ós nosos aparatos, debemos usar outro tipo de fonte de video dixital: lectores Blu-ray, ordenadores, PS3, etc… Non debemos esquecer o tipo de conectores axeitado para cada caso xa sexa DVI, HDMI 1.2 ou no caso de FullHD conexions HDMI 1.3 son as recomendadas.
Tamén cabe mencionar que as resolucions mais altas só pagan a pena en pantallas de mais de corenta pulgadas. En pantallas ata 40″, non poderemos distinguir se son 720p ou 1080p.
Por todas estas razons, pode ser un pouco precipitado mercar agora un televisor de estas características. Sobre todo, se non temos pensado mercar un reproductor BluRay ou unha consola de ultima xeración, xa que non lle sacaremos rendemento a estas tecnoloxías.
Relacionados : Guia pra mercar televisores planos : Plasma ou LCD
Mais información : HD Ready : FullHD
4 Comentarios
Marcus
8 de August de 2007 ás 22:23
1Coido que hai un caso máis no que paga a pena apostar polos novos televisores: o PC.
Se conectamos un ordenador a estes equipos podemos ver con boa calide páxinas web, trailers descargados da Internet en alta definición e outros contidos. Está ben para o uso coma monitor, pois mentres os vÃdeos en alta definición non se xeralicen tampouco imos ter moita cousa para ver (agás que tiremos de pirateo de series televisivas norteamericanas).
seve
9 de August de 2007 ás 10:20
2Respecto do ordenador, eu probei a conectalo meu a unha tele LCD de 32″ e non me gustou moito o resultado: fallaba o suavizado das fontes e era un pouco incomodo… non sei se é xeneralizado ou é cousa minha
Marcus
10 de August de 2007 ás 12:54
3Seve, depende moito da tele e mesmo da tarxeta de vÃdeo.
Eu sei de xente que ten problemas co formato panorámico, asà que supoño que haberá para tódolos gustos.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios