iMacHoxe hai unha conferencia especial da xente de Apple dende a súa sede, e os rumores, como cada vez que falan os da mazá, non se fixeron agardar.

Concretamente, en ThinkSecret, blogue de rumores sobre Apple apuntan á saí­da de novos iMac con novos prezos.

Segundo a información, Apple deixarí­a de fabricar o modelo de 17 pulgadas, polo que ofrecerí­a o de 20 pulgadas por $1499 e o iMac de 24 pulgadas por $1799, o que suporí­a unha rebaixa de $300 no primeiro caso e de $200 no segundo, algo destacábel. Ademais, o iMac de 20 pulgadas terí­a novas configuracións, máis actuais.

Máis información: Actual gama iMac
Máis información:ThinkSecret