Hoxe hai unha conferencia especial da xente de Apple dende a súa sede, e os rumores, como cada vez que falan os da mazá, non se fixeron agardar.
Concretamente, en ThinkSecret, blogue de rumores sobre Apple apuntan á saída de novos iMac con novos prezos.
Segundo a información, Apple deixaría de fabricar o modelo de 17 pulgadas, polo que ofrecería o de 20 pulgadas por $1499 e o iMac de 24 pulgadas por $1799, o que suporía unha rebaixa de $300 no primeiro caso e de $200 no segundo, algo destacábel. Ademais, o iMac de 20 pulgadas tería novas configuracións, máis actuais.
Máis información: Actual gama iMac
Máis información:ThinkSecret
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario