Remember ring

Es dos que esquecen as datas importantes? Non te preocupes, este anel é a solución.

O Remember Ring creado por Alaska Jewelry ten unha tecnoloxí­a Hot Spot patentada que fai que 24 horas antes da data establecida (o aniversario de vodas, por exemplo) o anel comeze a quentarse ata unha temperatura aproximada de 48º C durante 10 segundos. Despois dos 10 segundos o anel volve a enfriarse a temperatura normal ata que pasa unha hora que volverá a quentarse durante 10 segundos. Así­ durante todo o dí­a anterior á data establecida.

Segundo din na súa páxina web, os 48º (120º F) son suficientes para ter unha pequena molestia pero non son suficientes para sufrir queimaduras polo que é imposible que non te des conta e sufras danos.

O anel ten unha micro pila termoeléctrica diferencial que converte a calor que desprende a man en enerxí­a eléctrica polo que non hai que facer ningun tipo de mantemento. Ademáis é resistente a golpes e á auga.

Lamentablemente aí­nda non esta en stock e a web non especifica ningunha data no que volvan a estar dispoñibles (quizais o 14 do 7 do 2008?). Tampouco din o prezo pero podes facer unha reserva para que cho envien en canto o teñan.

No pedido estableces a data que queiras e eles configuran o anel con esa data, ademáis podes elexir entre 7

estilos distintos.

Máis información: Alaska Jewlery.