Google Phone

Recoñezo que, ao igual que está pasando cos novos teléfonos de Nokia, dentro de poco teremos que facer un Trebellos paralelo onde meter todos os rumores e os posí­beis deseños de terminais.

E iso que vedes aí­ arriba non é outra cousa que un suposto novo Google Phone, polo que aí­nda teremos que ver se ese deseño é o definitivo. Que Google quere meterse de cheo no negocio da telefoní­a móbil non é nada novo, ata mesmo o Wall Street Journal o di.

Segundo Gizmodo, Google xa leva investidos centos de millóns de dólares no proxecto, e mesmo fixo prototipos coa marca LG, se ben non sabemos certamente se o modelo de arriba é un deses supostos. Veremos como remata o culebrón…

Ví­a: CódigoCero
En Trebellos: Google poderí­a fabricar hardware nun futuro
En Trebellos: O Google Phone, cada vez máis perto