05 Aug
Escrito por Juan Milleiro na categoría Fotografía
O xigante nipón Sony ven de anunciar que retira do mercado e recollerá as cámaras DSC-T5 dos usuarios que as mercaron, pois a Cybershot DSC-T5 está mal rematada e os seus bordes poden dañar ou cortar a man das persoas que intenten sacar unha foto, algo realmente tremendo. Non sei se algún lector ou lectora de Trebellos xa terá algún corte na man por culpa da cámara, mais sabemos que, como era de agardar, este modelo está en todo o mundo, concretamente 66.000 xa no país nipón, e o resto repartido entre Asia, América, Europa e Oceanía, todo un erro que pode ter consecuencias negativas na marca.
Vía: Gizmología Máis información: Yahoo
Un Comentario
An
5 de August de 2007 ás 13:09
1daque un tempo Soni non fai máis que meter a zoca 😉 Saudos
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario