Nokia N81

Isto que vedes a vosa dereita é o pouco que se pode sacar en claro de 070829.com, unha web promocional que fixo Nokia pra un novo terminal que poderí­a ser o da imaxe, un suposto Nokia N81.

Polo tanto, a casa finesa supoñemos que lanzará varios terminais nesa data, e polo que podemos ver o teléfono se pode manexar tanto en vertical como en horizontal, podendo así­ tratalo como unha consola tipo PSP.

Polo que se comenta nos mentideiros da rede, o N81 terí­a 8GB de memoria interna, algo de agradecer, e soportarí­a a plataforma de xogos Nokia N-Gage que Nokia leva querendo revitalizar de novo dende fai uns meses e que poderí­a comezar con este trebello, que ten os botóns caseque ideais pra poder xogar no teléfono.

Máis información: Gizmologí­a
Máis información: SlashRumor