BlackBerry 8820Acaba de sair ao mercado a nova BlackBerry 8820. Como principal novidade incorpora algo que se lle viña pedindo dende fai moito tempo a este tipo de trebellos: a conectividade Wi-Fi. Ademais diso, esta Blackberry conta con GPS, ao igual que tódolos modelos da serie 8800 e tamén con BlackBerry Maps. Polo demais ten as caracterí­sticas ás que xa estamos acostumados: é un teléfono cuatribanda soportando GSM,

GPRS e EDGE, así­ como o soporte para o “push-mail” tradicional das BlackBerry. Tamén ten un lector de tarxetas incluí­do que lle permiten almacear ata 32GB de ficheiros almaceados en tarxetas microSD e microSDHC.

Máis información: Sitio oficial Máis información: Revisión no blogue de Enrique Dans