19 Jul
Escrito por Juan Milleiro na categoría Linux, Novas, Sen fíos
Acaba de sair ao mercado a nova BlackBerry 8820. Como principal novidade incorpora algo que se lle viña pedindo dende fai moito tempo a este tipo de trebellos: a conectividade Wi-Fi. Ademais diso, esta Blackberry conta con GPS, ao igual que tódolos modelos da serie 8800 e tamén con BlackBerry Maps. Polo demais ten as características ás que xa estamos acostumados: é un teléfono cuatribanda soportando GSM,
GPRS e EDGE, así como o soporte para o “push-mail” tradicional das BlackBerry. Tamén ten un lector de tarxetas incluído que lle permiten almacear ata 32GB de ficheiros almaceados en tarxetas microSD e microSDHC.
Máis información: Sitio oficial Máis información: Revisión no blogue de Enrique Dans
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario