Fonera+

Segundo lemos nesta entrada no blogue de Martí­n Varsavsky, iso que vedes é a nova versión de La Fonera, o router social da xente de Fon.

Segundo contan, principalmente trae un porto Ethernet LAN máis para que, ademais de conectala ao noso módem, poidamos conectarlle outro PC ou un trebello por cable. Tamén introducen un novo LED no frontal que nos indicará se temos a alguén conectado na nosa rede FON.

A Fonera+ xa está á venda na Tenda Fon por 43 euros, mais agardamos que nalgún intre fagan algunha promoción pra conseguila dun xeito máis económico.

Máis información: Martí­n Varsavsky
Máis información: Revisión de La Fonera en Trebellos
Máis información: Revisión de La Fontenna en Trebellos