Neo 1973Se es un apaixoado de Linux, do código aberto e demais, seguro que esta nova vaite encantar. Dun tempo a esta parte se ven desenrolando o proxecto OpenMoko que, bromas aparte co nome, tenta desenrolar un sistema operativo de código aberto pra teléfonos móbiles.

O primeiro teléfono que disfrutará deste SO será o Neo 1973 que, polo que podemos apreciar, será de pantalla táctil como ven sendo moda últimamente, e será sacado á venda en varias configuracións, que van dende o máis básico ata o modelo máis complexo, que trae:

  • 802.11 b/g WiFi
  • Samsung 2442 SoC
  • SMedia 3362 Graphics Accelerator
  • 2 3D Accelerometers
  • 256MB Flash
  • 1700mAh Battery
  • Faster CPU – S3C2442/400

Según din na páxina o teléfono será sacado á venda dende OpenMoko con prezos que irán dende os 450 dólares ata os 600 pra o modelo máis avanzado.

Máis información: Neo 1973