zonbuDespois do HP RP5700, o proximo setembro sairá ó mercado o primeiro “ordenador ecolóxico ” da marca Zombu. O trebello ven listo pra usar co sistema operativo Gentoo Linux preinstalado e unhas caracterí­sticas modestas pero suficientes: procesador intel compatible de 1,2 GHz (un VIA??) 512 MB de RAM e disco duro de 4 GB baseado en flash con ethernet incorporada e 6 portos USB para conectarlle os teus periféricos e todo nun tamaño moi reducido.

O sistema operativo está baseado en Gentoo e trae de serie aplicacions ofimáticas, xogos e utilidades para internet e redes de tal forma que ven preparado para enchufar e listo (ó mais puro estilo mac).

Os seus creadores afirman que Zonbu consume unha decima parte do que consumen outros ordenadores de sobremesa. Unha boa alternativa para quen non necesite mais potencia, a un custo realmente tentador : 249$.

Visto en
Greengadgets
Mais información : Páxina do produto