Wacky USB Massage BallQue é o que máis desexamos os que temos que estar moito tempo diante dun ordenador? Unha masaxe!

Agora, grazas ao USB Massage Ball de USB Geek temos este tema solucionado, ou polo menos en parte, xa que a calidade das masaxes non será tan boa coma as dunha persoa, pero algo é algo. Agradécese.

Este trebello conéctase por USB ao ordenador e comeza

a vibrar e grazas a súa forma permite facer masaxes nos pes, nas mans, nos xeonllos, no pescozo, nos codos, etc. Ten unha velocidade de vibración de 3.600 r.p.m., unha dimensión de 85×43 milí­metros e un cable de case dous metros. Custa 14 dólares e se o queremos mercar cun adaptador para o coche teremos que pagar 22 dólares.

Pode dárnos a vida!

Visto en Gizmologí­a.
Máis información: USBGeek.com.