29 Jun
Escrito por Juan Milleiro na categoría Novas, Periféricos
Logitech acaba de presentar a nova webcam QuickCam Pro 9000, que introduce un gran avance ao usar por primeira vez unhas lentes Carl Zeiss (como as que levan moitas cámaras Sony ou o Nokia N95), en lugar das lentes plásticas que se usaban comunmente ata o dagora.
Por tanto, con esta muda de lentes, a nova QuickCam Pro 9000 permite grabación en calidade HD a 960×720 píxeles e a posibilidade de facer fotografías a unha resolución de 1600×1200 píxeles sen interpolación, pois conta cun sensor de 2 Megapíxeles.
Esta boa webcam, que conta ademais con micrófono integrado, sae este pÅ•oximo mes de Xullo por
99 dólares.
Vía: Gizmología
Máis información: Logitech
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario