Epson Endeavor

Lemos a través de esta nova en Agnix que EPSON, ao igual que Dell anteriormente, comezará a vender PC’S con Linux.

En concreto, EPSON sacou dous pc’s: o portátil que vedes aí­ arriba, o EPSON Endeavor LX1000, cunha tarxeta gráfica ATI Radeon Express 200M e unha pantalla XGA de 15 pulgadas, e un pc de sobremesa, o EPSON Endeavor LX7800, no cal poderemos escoller varios tipos de procesadores, dende os Celeron ata os recentes Core 2 Duo.

Máis información: Agnix
Máis información: Dell e Ubuntu