O TurboLinux Wizpy é unha moi boa opción á hora de mercar un reprodutor multimedia, vamos, o que se coñece como mp4. Este trebello é un mp4 normal salvo que leva no seu interior unha distribución GNU/Linux, que o fai especial.

Como mp4 reproduce case todo: MP3, OGG (cousa boa xa que moitos reprodutores non o fan), WMA, AAC, XviD, MPEG4 e JPG. Amosa texto, é dicir, podes levar e-books e tamén reproduce radio FM. Co seu micrófono grava a voz en formato MP3. Ten unha pantalla LCD de 1’7 pulgadas e unha memoria interna de 4GB ou 2GB dependendo do modelo, pero estase a traballar nun modelo con ranura para tarxetas SD. A pega é que 1’5GB están destinadas para a distribución GNU/Linux.

O que fai especial a este mp4 é que podes crear programas para él. A empresa que o fabrica lanzou un kit de desarrollo (SDK), é dicir, programa para facer programas de xeito sinxelo para o trebello. Así­ calquera que se descargue o SDK poderá crear programas que funcionen no seu mp4, podendo ter o teu programa á medida.

Outro tema interesante deste reprodutor multimedia é que, como xa dixen, ten unha distribución GNU/Linux no seu interior. Isto que quere dicir?

Pois que se enchufas o mp4 a un ordenador (con arranque USB) poderás ter o teu propio sistema operativo, cos teus ficheiros, os teus programas favoritos e coa configuración do teu escritorio xa que estarás traballar dende a distribución GNU/Linux do mp4.

Un mp4 con moitas posibilidades para fedellar nel. Xa está a venda en xapón e sairá este mes nos paises anglófonos por 280 dólares aproximadamente. Para que saia por estes lares teremos que esperar a finais deste ano ou principios do que ven.

Visto en Xataka.
Máis información: Páxina do produto.