03 Jun
Escrito por Juan Milleiro na categoría Aprendendo, Fotografía
HDR é o nome dunha técnica de procesamento de fotografías que trata de incluir un maior rango de luminosidade nas nosas imaxes. A técnica é moi usada en entornos 3D para recrear esceas.
A idea básica é a combinación de varias tomas da misma escea con diferentes exposicions. O resultado terá detalles nas sombras (captados das tomas mais expostas) e tamen nas altas luces (captados nas tomas menos expostas) tentando recrear de xeito mais preciso a nosa visión natural e creando imaxes hiperealistas .
Existe un grupo en flickr dedicado á fotografía HDR e moi bos exemplos do que procura.
Tratase de obter un número de tomas entre 3 e 7 abarcando o rango de luminosidade da escea. Logo de obter a medición axeitada, aumentamos e reducimola velocidade de obturación para
conseguir un grupo de elas con distinta exposición. Estas imaxes combinaremolas no noso editor de imaxes favorito (GIMP ou Photoshop CS2) para obter unha imaxe HDR.
E moi importante non ter movemento nas fotos, se non ó combinalas vanse crear artefactos. Faise bastante necesario o uso do trípode para evitalos. Tamén é importante saber escoller as imaxes que mais melloran con esta técnica que adoitan ser as que presentan un contraste moderado.
Mais información : Tutorial HDR con GIMP | Tutorial HDR con Photoshop CS2
Foto neregauzak
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario