29 May
Escrito por Il na categoría Fotografía, Periféricos
O Epson P-3000 é un máis Reprodutor de Medios Portátil (PMP polas súas siglas en inglés) especializado en fotografía. Os PMP en xeral son excelentes compañeiros dunha cámara dixital cando vas de viaxe, xa que ademáis de servir como disco ríxido adicional tamén permite ver as fotografías e videos con maior calidade. Este trebello en concreto ten unha capacidade de 40 Gb, unha pantalla LCD
de 4 pulgadas (e unha resolución de 640í—480 pixeles) e unha autonomía de 4 horas seguidas reproducindo vídeo. Conta tamén con ranuras para ler varios modelos de tarxetas de memoria (SD, SDHC, Compact Flash, etc.) e así poder
transferir os ficheiros da cámara ao PMP.
Aínda que permite reproducir video e son (reproducindo moitos formatos), este PMP está especializado en imaxe, xa que perimte ler os formatos .JPG e .RAW e funciona excelentemente coma almacenamento adicional. O seu prezo ronda os 400 dólares. Visto en Ounae. Máis información: Epson.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario