28 May
Escrito por Il na categoría Periféricos, Vídeo
Moita xente precisa dunha webcam no portátil alá por onde vai para poder facer videoconferencias, ben por trabalo ou ben para falar e ver aos seus familiares e amigos. Por iso moitos fabricantes xa integran nos seus portátiles unha cámara web.
Pero non todos, polo que Microsoft decidiu poñer no mercado unha webcam diseñada para levar de viaxe. A LifeCam NX-6000 é unha webcam de pequeno tamaño que se coloca fácilmente nun ordenador portátil. Cando queiramos usar a cámara teremos
que desprazar a lente óptica ata fóra, e unha vez que xa rematamos de usala volvemos a metela para adentro e así non sufrirá ningún deterioro.
Fai fotografías cunha resolución de 640×480 e grava videos cunha calidade de 1’3 megapíxeles. Ademáis ten un micrófono integrado e un botón de atallo ao Windows Live Messenger. Todo isto por un prezo de 60 euros aproximadamente.
Visto en Gizmótika.
Máis información: Páxina do produto.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario