DSiPCada vez máis os móbiles estánse a convertir en consolas portátiles xa que o número de videoxogos para móbiles é cada vez maior. Agora parece que as consolas portátiles estánse a achegar aos móbiles.

Grazas a DSiP, os posuidores ou futuros posuidores dunha Nintendo DS, a consola portátil que triunfa no mercado, poderán disfrutar das vantaxes que a VoIP brinda podendo chamar a calquera teléfono se estamos conectados a unha rede wifi. Ademáis a Nintendo DS xa conta con micrófono, altavoces e conexión wifi polo que non fai falla ningún trebello adicional, tan só o software de VoIP que se preve que será gratuito.

O programa usará o protocolo SIP que é o máis usado nas redes abertas de VoIP, polo que para usalo teremos que ter unha conta SIP que nola dará o noso ISP. A primeira versión beta do programa sairá o próximo mes de xuño e aí­nda non se saben os prezos das chamadas, pero prevese que serán baratas (como xa fan os outros programas VoIP existentes) se chamas a un número nacional e gratuitas se chamas a outro programa de VoIP.

Visto en Xataka.
Máis información: Blog oficial DSiP.