Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Sanyo Xacti E1, grava videos cando chove

Sanyo Xacti E1Sanyo acaba de lanzar a que, segundo eles, é a primeira videocámara sumerxible para uso doméstico. Esta é a Xacti E1. Esta videocámara é perfecta para gravar videos cos teus amigos un dí­a de choiva, xa que aí­nda que se molle non lle vai pasar nada. Resiste a choiva (tan común por estes lares) grazas a que resiste 1 metro e medio baixo a auga durante 1 hora aproximadamente. O que fai que poidas usar a cámara un dí­a de choiva ou un dí­a de calor na praia ou na piscina. Permite gravar video en diferentes resolucións e modos como o TV-SHQ a 30 fotogramas por segundo ou o modo WEB-HQ a 15 fotogramas por segundo. A cámara garda os videos en formato MPEG4 co codec AVC/H.264 que é un 25% máis eficiente que o codec que usan as outras cámaras do modelo Xacti. A Xacti E1 tamén permite sacar fotos cunha resolución de 10 Megapí­xeles, incluso mentres estamos a gravar video, en formato .JPG. E grazas a que é compatible con tarxetas SD e SDHC pode gardar 10 horas de ví­deo nunha tarxeta de 8 Gb. Visto en Ounae. Máis información: Nota de prensa de Sanyo.


Publicidade

Comentarios