enanoXa tardaba en saí­r un mini-pc ó estilo dos Mac mini. O Enano e2 ten toda a pinta do Mac mini co seu pequeno tamaño e aspecto de caixa. Pero esta caixa esconde procesadores dende 1,8 ata 2,16 Ghz, un disco duro de 80 a 160 Gb, conexión wifi e ata un sintonizador de televisión. O Enano e2 tamén leva lector de tarxetas e portos USB e Firewire.

Segundo comentan os seus fabricantes, e moi silencioso e potente, o trebello perfecto para ter conectado ó noso televisor. Ainda que o seu prezo, resultanos un pouco esaxerado, sobre todo comparandoo co seu rival de apple. O Enano e2 mais básico custa 649,99 $ ata os 1824,99 $ do modelo grande.

Visto en Codigo Cero

Mais información | Paxina do produto