Clocky é un trebello moi curioso. Como podedes comprobar é un espertador con rodas, algo fóra do común.
E para que serve un espertador con rodas? Pois para conseguir que te levantes á hora adecuada. Clocky dáche unha soa oportunidade para que te levantes, se apagas a alarma (snooze) o espertador salta da mesiña de noite e anda por toda a habitación ata esconderse, algo así como unha mascota.
Clocky existe en 3 cores (branco, aqua e menta), funciona a pilas, pode saltar dende unha altura aproximada de 1 metro, é capaz de andar sobre madeira e moqueta e o seu prezo é de 50 dólares. Por suposto, se non queres que rode podes quitarlle as rodas.
No YouTube podemos ver varios videos sobre o Clocky, incluido o anuncio comercial.
Máis información: Nanda (páxina do produto).
Un Comentario
Iberobotics Shop
24 de October de 2007 ás 13:30
1Nanda acaba de sacar un nuevo color: Azul Agua.
Ahora disponible para España y Portugal en http://www.iberobotics.com/shop
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario