mancomunMancomun.org, a iniciativa galega polo software libre ven de publicar un glosario de termos informáticos inglés – galego. Ata onde sabemos, é o primeiro creado no mundo da informática e axudaranos a usar menos neoloxismos e homoxeneizalo uso da nosa lingua. O glosario é bastante completo, ainda que lle falta o termo “gadget” en galego, agardamos que sexa traducido por trebello .

Mancomún é unha iniciativa da Dirección Xeral de Promoción e Sociedade da Información que pretende ser un punto de encontro para os proxectos de software libre en Galiza. Aproveitamos para felicitar o primeiro aniversario desta plataforma, e esperamos que siga a promover o uso da nosa lingua nas administracións e no software.

Mais información | Glosario informático inglés – galego

Nova en chuza.org